Feliz Día Das Letras Galegas
17 de mayo, 2005 por Catuxa
Cada 17 de Maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua, e en Deakialli é o terteiro ano que o festexamos.
Este 2005 está adicado ó poeta Xesús Lorenzo Varela (La Habana, 1916 – Madrid 1978), da súa obra temos excelentes recursos na rede, nos escollemos uns versos que ainda que xa pasaron anos dende que veron a luz, as súas verbas, tristemente seguen de moda:
cando canten as mans traballadoras
nas doídas manceiras dos arados
e nas salgadas redes pescadoras,
Galicia ceibe tallará o teu nome
nas outuras do Pórtico da Groria
pra que falen os anxos con un home
que leva a patria enteira na memoria.
Unha nova Galicia sen cadea,
que non esportará mais sangue humán
nin asoballará unha man allea:
Unha Galicia nova, a de mañán,
que xa ven alborando, xa clarea,
no peito arrolará teu soño irmán.
[Feito para o libro Castelao na voz dos poetas, 1969]
Anteriores homenaxeados:
- 2003: Antón Avilés Vinagre
- 2004: Xaquín Lorenzo Fernández