Feliz Dia das Letras Galegas
17 de mayo, 2003 por Catuxa
Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua, este ano tocoulle o turno a Antón Avilés Vinagre, nacido en Taramancos (Noia), no seno dunha familia agraria e mariñeira. Como tantos outros sufriu a emigración e nos paises andinos foi labrador, contrabandista, cazador e ata traficante de cabezas reducidas. Antes de marchar alen dos mares entrou en contacto na Coruña con xentes da esquerda e nacionalista coas que traballou a reo pola recuperación do galego.
Podemos dicir del que é un poeta vital que tentou acadar co seus poemas o que a dictadura frnquista lle negou: a vitalidade, o amor pola patria e a liberdade.
Se queredes ampliar a información e leer algo da obra de este autor, podedes visita- lo especial da Biblioteca Virtual Galega
Para todos aquellos que no entendais el gallego, no tengo problemas en traducirlo, pero en un dia como hoy, creo necesario emplear mi lengua.